venres, 2 de febreiro de 2018

Feliz día da Paz!

Bo día: 


O martes 30 de xaneiro, o día da Paz, as crianzas realizaron diferentes actividades a nivel de aula para conmemorar este fermoso día.

Velaquí un exemplo do traballo do alumnado, que decidiu facer un traballo artístico  sobre a Paz na planta baixa do centro. 

 


Trátase dunha composición feita  coa letra en galego de IMAGINE, a famosa canción de John Lennon que aporta unha visión esperanzadora  da paz mundial e a da irmandade entre os diferentes pobos.






Moitas grazas polo voso traballo e VIVA A PAZ!







Velaquí  a canción: