Hoxe , ás 11:30 h. celebramos no cole o Festival de Entroido!
Tanto o alumnado, como o profesorado, a ANPA do centro e as familias en xeral axudaron a organizar este evento dende primeria hora da mañá, ocupándose da decoración do escenario, dos corredores, o photocall, disposición da zona de degustación de produtos típicos...
Velaquí unhas fotos destes preparativos!
|
Grazas ás familias polas viandas de Entroido!
|
|
Pancarta da obra UN CACHIÑO DE BICA
|
|
Preparándonos na clase de 2º
|
|
Todo o mundo traballou arreo!
|
|
Coloreando a máscara xigante para colocar no palco
|
|
Entroido galego para decorar os corredores
|
|
Benvidas familias...e cantas había!
|
|
O profe Ramón cos seus axudantes, marcando a liña para o desfile
|
|
A ver se adiviñades quen son? Eche ben doado!
|
|
4º, 5º e 6º unidos polo Entroido
|
|
Aqui están as "sopas de letras" de 4º...e un cadeliño chamado...Nicolau ou Correcamiños?
|
|
Agardando para entrar... Imos aló!
|
O alumnado, coa axuda do profesorado, sentou por orde nas cadeiras no salón de actos.
Despois entraron as familias, que quedaron de pé polo lateral dereito.
O certo é que ven moitísima xente a ver á rapazada e o cheo foi absoluto!
O profe David foi o encarregado de presentar o acto.
 |
O mestre David, presentador do acto |
Curso por curso, foron subindo as clases ao escenario para amosar os seus fermosos disfraces, que estaban relacionados, case na sua totalidade, coa obra da escritora á que se lle adicará este ano o día das Letras Galegas: Mª Victoria Moreno.
Queredes botar unha ollada? Pois velaquí, unhas fotiñas.
|
2º agardando no seu corredor para entrar no salón de actos. Foron de camareiros e mais personaxes da obra "Un cachiño de bica"
|
|
Ollade que cadeliñas e cadeliños mais riquiños! Son de Infantil e representan personaxes da obra da escritora
|
|
Infantil e 1º colocándose no salón
|
|
En 1º de Primaria foron de letras...e formaron frases relacionadas coa autora!
|
|
A ver se adiviñades quenes son estas "sopas de letras". Serán de 3º ou de 4º?
|
|
Hum...Estache ben difícil!
|
|
O Rap de Mª Victoria e o rap "Apréndeo", interpretado polos alumnos de 5º e 6º . Que ben o fixeron!
|
|
Foi un festival moi "máxico", onde non faltaron trucos a cargo de Morad, alumno de 6º. Impresionante!
|
|
Para rematar, toda a comunidade educativa cantou As coplas do Entroido, por cortesía da ANPA do centro.
|
|
Tamén houbo foliada. Grazas por animar a festa!
|
|
Pero que ben tocaron! "Bailaches Carolina...."
|
|
O cheo foi absoluto. Ollade como estaba a planta principal do centro. Hora de xantar!
|
|
Filloas, orellas e moito mais...Boísimo todo!. GRAZAS POR TRAER ESTAS VIANDAS!
|
|
Toda a xente presente gozou moitísimo deste postres!
|
E agora aqui vos deixamos a letra dos raps interpretados polo alumnado de 6º e 5º. A cantar!
Veña, anímate a rapear! Velaquí a letra!
|
A canción chámase APRENDEO, é de unha rapeira galega chamada Aid
|
E agora o Rap de Mª Victoria
Polo de agora, isto é todo. Nos vindeiros días subiremos mais fotos desta festa tan especial!
****************************
 |
Bandexas de camareiros en 2º! |
 |
Pero que orixinais! |
 |
De tódolos estilos |
 |
Yummy, Yummy...! |
 |
...in my tummy! |
 |
Nicolau e profesionais da hostelería tomando nota dos pedidos! :) |
 |
A pesares dos nervios, en 2º traballaron moi ben a 1ª hora da mañá! |
 |
Ramiro e Alfredo, dous camareiros moi elegantes! |
 |
Pero que atento estaba todo o alumnado! |
 |
Alguén viu a unha camareira patinando? |
 |
Mais profesionais da hostelería |
 |
Un camareiro e unha cadeliña moi alegres!! |
 |
Un sorriso, please! |
 |
Todo ok, Iker? "Thumbs Up!" |
 |
Velaquí unha cadeliña chamada NICA |
 |
Veña, preparados! Imos ao salón! |
 |
As sopas de letras de 3º e 4º! |
 |
O "wizard" Morad! Abracadabra!!!!!! |
 |
Cantando e despois xantando. Que rico todo! |
 |
As máscaras de Mº Victoria Moreno. Quen é quen? Who´s who? |
 |
It´s me! :p |
 |
3º e 4º no palco |
 |
Pero que rapeiros están feitos os de 5º e 6º! |
 |
As letriñas de 1º! |
De parte do profesorado do centro grazas a todo a xente por vir e...
que pasedes un moi bo Entroido!