xoves, 21 de xuño de 2018

Boas vacacións!

Dende o equipo de Normalización Lingüística de Galego do centro queremos desexarvos unhas boas vacacións de verán!

martes, 15 de maio de 2018

Semana das Letras Galegas

Moi boas!

En nada xa chega o xoves 17 de Maio... É un día moi sinalado. Celébrase o Día das Letras Galegas, e no centro, estamos a traballar arreo para festexar esta xornada tan emotiva  para toda a rapazada galega.


venres, 4 de maio de 2018

OS MAIOS

Hoxe celebramos no cole a festa dos Maios.

Na clase de música preparamos unha canción durante esta derradeira semana para cantala todo o alumnado no patio en horario de recreo.

Letra da canción: 

Para facer este maio tivemos que ir a roubar
o fiuncho e mailas flores a casa de Ferradás,
o fiuncho e mailas flores a casa de Ferradás.
Para facer este maio tivemos que ir a roubar
AI LARA LARA AI LA LELO AI LA LA
para facer esta maio tivemos que ir a roubar.

Viu Ferradás cunha escopeta vella
pegounos un tiro e rachounos unha orella,
pegounos un tiro e rachounos unha orella.
Viu ferradás cunha escopeta vella
AI LARA LARA AI LA LELO AI LALA
viu Ferradás cunha escopeta vella.

INSTRUMENTAL

aí ven o maio por detrás de San Francisco
aí ven o maio cargadiño de trebisco
aí ven o maio pola rúa do convento
aí ven o maio de roubar o monumento.

INSTRUMENTAL

aí ven o maio por detrás de San Francisco
aí ven o maio cargadiño de trebisco
aí ven o maio pola rúa do convento
aí ven o maio de roubar o monumento.

INSTRUMENTAL

Antes, trasladamos os nosos Maios para fóra. Moitas grazas a os rapaces de 5º e 6º pola sua axuda para movelos.

mércores, 21 de marzo de 2018

Poesía para a primavera



Para celebrar a chegada da primavera, o alumnado está a crear uns fermosos poemas sobre esta estación tan  florida.

Na pranta principal podedes ler as composicións feitas por algunhas crianzas.

A presentación das mesmas, fíxose reutilizando papel usado, co fin de ser o mais respetuosos posibles co Medio Ambiente.


Que gocedes moitos con estos versos tan...primaverais!









luns, 26 de febreiro de 2018

O Día de Rosalía de Castro


 Ola rapazada! Hoxe  comezamos a semana cunha actividade moi especial...

UN ACTO ADICADO  A ROSALÍA DE CASTRO!

Rosalía de Castro



Este sábado 24 de Febreiro, celebramos O Día de Rosalía de Castro co gallo da conmemoración do 181 aniversario do nacemento da nosa poeta máis universal.

No cole fixemos un acto especial no seu honor.

Todas as crianzas e o profesorado xuntáronse no salón de actos para recitar poemas desta escritora galega. 

Cada grupo aportou un estilo diferente para homenaxear a Rosalía.

Algunha clase  recitou os poemas con música de fondo  ou con presentación na pantalla de imaxes ou traballos feitos polo alumnado. 

Esta foi a escolla de Poemas entre as diferentes clases do centro:

"Adios ríos, adios fontes",  Infantil
                                    

"Caldo de gloria", 5º e 6º de E.P.


"Vente rapasa", 4º de E.P.


"Meniña ti, a máis fermosa", 2º de E.P.


"Parece unha rosa", 3º de E.P.


"Como chove miudiño", 1º de E.P.


Se queredes leer os poemas e recitar algún na casa podedes atopalos aquí:  Poemas de Rosalía de Castro

Ademais, tódolos cursos traballaron arreo sobre a figura de Rosalía nestes días. Investigaron sobre a súa vida, a súa obra...e mesmo fixeron traballos artísticos moi bonitos.

Ollade que mural tan fermoso colocaron na planta baixa!



 "Vente rapasa", traballo feito polo alumnado de Relixión




"Caldo de gloria", feito por 5º e 6º de E.P.



En 2º de Primaria fixeron estas ilustracións sobre o poema elexido de Rosalía: "Meniña ti, a máis fermosa"








E agora velaquí algunhas imaxes deste acto tan emotivo. A medida que avance a semana subiremos máis fotos do evento.


O cártel que decoraba o escenario foi feito polo alumnado de 1º de Primaria; que bonitiño!

Comezamos...


O profesorado axudando  a distribuir á rapazada nas súas cadeiras



Pero que riquiñas as crianzas da clase de3 e 4 anos coas máscaras de Rosalía!



2º de Primaria



Infantil, 5 anos




1º de Primaria



5 anos, 5º e 6º de Primaria. Todos xuntos!




4º de Primaria



6º de Primaria e Infantil 5 anos



Tamén houbo videos das actuacións. Ollade ao alumnado de 1º, pero que ben recitaron o poema  "Como chove miudiño"! Por certo, con música composta polo profe de música, Iván.  Grazas por colaborar profe!





E velaquí o grupo de 2º de E.P. cantando unha versión de " Meniña, ti a máis fermosa"...


                                    



...e recitando este fermoso poema !







Por certo, de seguro que vos soa esta canción tan sentida... Amancio Prada, un músico galego, púxolle música a este triste poema de Rosalía,  pertencente á obra "Cantares gallegos", e que fala da  gran pena que un emigrante sinte cando está a piques de deixar a súa terra e o seu lar.

                                  



Para rematar, podedes botar unha ollada ao fermoso Manifesto da AELG deste ano 2018, escrito pola autora María Reimónde.


Manifesto no Día de Rosalía de Castro 2018:  Abride a fiestra

Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.

Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!

E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.

Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.

Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.

Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

María Reimónde
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#AbrideAFiestra



Rematamos! 


Viva Rosalía e tamén o seu día!

venres, 16 de febreiro de 2018

Feliz Ano Novo chinés ! Gong Hei Fatt Choy!


  N ĭ hăo!     你好

Como de seguro xa sabedes , hoxe, venres 16 de Febreiro,  comeza o festexo do Ano Novo chino 2018,  que en realidade ven sendo o ano 4716 nesta cultura asiática.

O ano novo chinés cae no día da lúa nova máis próximo ao día entre o solsticio de inverno e o equinocio de primavera do hemisferio norte.

O novo ano chinés entra o 16 de febreiro deste 2018 e remata o 4 de febreiro de 2019. 

Estará adicado ao signo do can, animal que se relaciona coa fidelidade, a amizade e a lonxevidade.

Explicación en inglés: 

What is the Chinese New Year?



Ademais, hoxe o alumnado de 5º, 4º, 3º e 1º , estivo a traballar sobre esta xornada tan especial para a xente chinesa e doutros países ; o resto dos cursos teñen actividades programadas sobre este festexo para a vindeira semana.
















Nuns días seguiremos a subir mais traballo do alumnado!



 Se queredes saber como o está a festexar a comunidade chinesa de Galicia,  premede neste ligazón:
 A comunidade chinesa galega festexa o Aninovo chinés 




E agora...a practicar algo de chinés!


 Gong Hei Fatt Choy ! (FELIZ ANINOVO, en chinés cantonés )

 Gong Xi Fa Cai ! (en chinés Mandarín)




Literalmente:

Gōng Xǐ - significa "bos desexos" ou "parabéns"

Fā Cái - significa "facer fortuna" o "gañar cartos" 



En conxunto significa "Os mellores e prósperos desexos para o vindeiro  ano"





Que tal a primeira lección de Chinés?    A que agora o Inglés xa non semella tan dificil?  :)


 Pois agora ven o mellor...A CANTAR! 
 Imos aló!





Gong Hei Fatt Choy !  ( FELIZ ANINOVO, en chinés cantonés )






Gong Xi  Gong Xi  (en chinés Mandarín)






Gong xi song in English!



Agardamos que practiquedes moito na fin de semana...

Vémonos o luns  e mestres tanto...GONG HEY FATT CHOY!


venres, 9 de febreiro de 2018

Festival de Entroido


Ola, ola:

E por fin chegou o día!


Hoxe , ás 11:30 h.  celebramos no cole o Festival de Entroido!

Tanto o alumnado, como o profesorado, a ANPA do centro e as familias en xeral axudaron a organizar este evento dende  primeria hora da mañá, ocupándose  da decoración do escenario, dos corredores, o photocall,  disposición da zona de degustación de produtos típicos...

Velaquí unhas fotos destes preparativos!


Grazas ás familias polas viandas de Entroido!


Pancarta da obra UN CACHIÑO DE BICA


Preparándonos na clase de  


Todo o mundo traballou arreo!


Coloreando a máscara xigante para colocar no palco


Entroido galego para  decorar os corredores


Benvidas familias...e cantas había!


 Coloreando en 3 anos


O profe Ramón cos seus axudantes, marcando a liña para o desfile


A ver se adiviñades quen son? Eche ben doado!


4º, 5º e 6º unidos polo Entroido


Aqui están as "sopas de letras" de 4º...e un cadeliño chamado...Nicolau ou Correcamiños?


Agardando para entrar... Imos aló!



E comezou  a celebración!

O alumnado, coa axuda do profesorado,  sentou por orde nas cadeiras no salón de actos.

Despois entraron as familias, que quedaron de pé polo lateral dereito

O certo é que ven moitísima xente a ver  á rapazada e o cheo foi absoluto!

O profe David foi o encarregado de presentar o acto. 


O mestre David, presentador do acto

Curso por curso, foron subindo as clases ao escenario para amosar os seus fermosos disfraces, que estaban relacionados, case na sua totalidade, coa  obra da escritora á que se lle adicará este ano o día das Letras Galegas: Mª Victoria Moreno.

Queredes botar unha ollada? Pois velaquí,  unhas fotiñas.


2º agardando no seu corredor  para  entrar no salón de actos. Foron de camareiros e mais personaxes da obra "Un cachiño de bica"


Ollade que cadeliñas e cadeliños mais riquiños! Son de Infantil e representan personaxes da obra da escritora


Infantil e 1º colocándose no salón



En 1º de Primaria foron de letras...e formaron frases relacionadas coa autora!


A ver se adiviñades quenes son estas "sopas de letras". Serán de 3º ou de 4º?

Hum...Estache ben difícil!



O Rap de Mª Victoria e o rap "Apréndeo", interpretado polos alumnos de 5º e 6º . Que ben o fixeron!

Foi un festival  moi "máxico",  onde non faltaron trucos a cargo de Morad, alumno de 6º. Impresionante!

Para rematar, toda a comunidade educativa cantou As coplas do Entroido,  por cortesía da ANPA do centro.

Tamén houbo foliada. Grazas por animar a festa!

Pero que ben tocaron! "Bailaches Carolina...."

O cheo foi absoluto. Ollade como estaba a planta principal do centro. Hora de xantar!

Filloas, orellas e moito mais...Boísimo todo!. GRAZAS POR TRAER ESTAS VIANDAS!


Toda a xente presente gozou moitísimo deste postres!



E agora aqui vos deixamos a letra dos raps interpretados polo alumnado de 6º e 5º. A cantar!



Veña, anímate a rapear! Velaquí a letra!


A canción chámase APRENDEO,  é de unha rapeira galega chamada Aid






E agora o Rap de Mª Victoria





Polo de agora, isto é todo. Nos vindeiros días subiremos mais fotos desta  festa tan especial!

****************************

Bandexas de camareiros en 2º!

Pero que orixinais!

De tódolos estilos

Yummy, Yummy...!

...in my tummy!

Nicolau e profesionais da hostelería tomando nota dos pedidos! :)

A pesares dos nervios, en 2º traballaron moi ben a 1ª hora da mañá!

Ramiro e Alfredo, dous camareiros moi elegantes!

Pero que atento estaba todo o alumnado!

Alguén viu a unha camareira patinando?

Mais profesionais da hostelería

Un camareiro e unha cadeliña moi alegres!!

Un sorriso, please!

Todo ok, Iker? "Thumbs Up!"

Velaquí unha cadeliña chamada NICA

Veña, preparados! Imos ao salón!


As sopas de letras de 3º e 4º!

O "wizard" Morad! Abracadabra!!!!!!

Cantando e despois xantando. Que rico todo!

As máscaras  de Mº Victoria Moreno. Quen é quen? Who´s who?

It´s me! :p

3º e 4º  no palco

Pero que rapeiros están feitos os de 5º e 6º!

As letriñas de 1º!



De parte do profesorado do centro grazas a todo a xente por vir e...
que pasedes un moi bo Entroido!