O pasado venres 24 de Novembro a comunidade educativa sumouse á campaña contra a Violencia de Xénero na nosa sociedade, que se celebrou o pasado sábado 25 de Novembro.
Celebráronse diferentes actos:
Ademais, as docentes do colexio subiron ao palco, e coas súas camisetas co lema COMPOSTELA EN NEGRO, proporcionadas polo concello, sacaron unha foto tamén, coas cartolinas negras, como sinal de protesta pola violencia en contra das mulleres.
Algúns pais e nais sumáronse esa xornada á concienciación sobre esta secuela na nosa sociedade, levando postas camisolas de cor negra cos lemas máis representativos desta campaña en contra da violencia machista.
O edificio do centro contou con diferentes carteis colgados das xanelas reivindicando a fin da violencia de xénero.
Sen dúbida, foi un acto no que todas e todos participamos activamente e nos solidarizamos ao cen por cen coa causa.
Moitas grazas a toda a comunidade pola implicación amosada nesta xornada!