O Venres 12 de Novembro celebrouse no patio do centro a Festa do Magosto.
As crianzas tamén gozaron dalgúns snacks, bebidas e postres feitos polas familias.
Despois da degustación deste froito tan outonal, algúns pais e nais animáronse a tocar algunha peza de música tradicional galega con instrumentos como a gaita, o pandeiro ou pandeireta. A profe de Música, Silvia, uniuse á foliada tamén e houbo quen bailou ata muñeiras!
O alumnado non ía ser menos...Bailaron unha peza que xa ensaiaran coa axuda da profe Silvia nas semanas anteriores. Organizáronse en dous filas e bailaron ao ritmo dunha fermosa canción en galego.
Pasámolo moi ben, non si?
Ata pronto e pasade un bo outono!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.