martes, 19 de decembro de 2017

Boas festas!

O equipo de ENDL do colexio quere desexar unhas boas festas a todas as familias. 

 



Como "agasallo" pola nosa parte, velaquí a canción máis animada do noso amigo O Apalpador. Agardamos que pase polos vosos fogares!



 https://youtu.be/qZPsO5m_Tns



Que teñades un bo comezo de ano e vémonos no 2018!


domingo, 26 de novembro de 2017

NON á violencia de xénero

O pasado venres 24 de Novembro a comunidade educativa sumouse á campaña contra a Violencia de Xénero na nosa sociedade, que se celebrou o  pasado sábado 25 de Novembro.



Celebráronse diferentes actos: 

O alumnado acudiu ao salón de actos,  e cada nena e neno participaron nunha foto na que  suxeitaban unha cartulina de cor negra, para solidarizarse con esta causa.




Ademais, as docentes do colexio subiron ao palco, e coas súas camisetas co lema COMPOSTELA EN NEGRO, proporcionadas polo  concello, sacaron unha foto tamén, coas cartolinas negras, como sinal de protesta pola violencia en contra das mulleres.




Algúns pais e nais sumáronse esa xornada  á concienciación  sobre esta secuela na nosa sociedade, levando postas camisolas de cor negra cos lemas máis representativos desta campaña en contra da violencia machista.

O edificio do centro contou con diferentes carteis colgados das xanelas reivindicando  a fin da violencia de xénero.



Sen dúbida, foi un acto no que todas e todos participamos  activamente e nos solidarizamos ao cen por cen coa causa. 





Moitas grazas a toda a comunidade  pola  implicación amosada nesta xornada!

Festa do Magosto

Ola!

O Venres 12 de Novembro celebrouse no patio do centro a Festa do Magosto.


Tivemos a sorte de contar coa colaboración de numerosas nais e pais; que dende  ben cedo acondicionaron o espazo e mesmo asaron as castañas. Que boas estaban!




As crianzas tamén gozaron dalgúns snacks, bebidas e postres feitos polas familias.

Despois da degustación deste froito tan outonal,  algúns pais e nais animáronse a tocar algunha peza de música tradicional galega con instrumentos como a gaita, o pandeiro ou pandeireta.  A profe de Música, Silvia, uniuse á foliada tamén e houbo quen bailou ata muñeiras!





O alumnado non ía ser menos...Bailaron unha peza que xa ensaiaran coa axuda da profe Silvia nas semanas anteriores.  Organizáronse en dous filas e bailaron ao ritmo dunha fermosa canción en galego.



Tamén o alumno Rubén, de 6º de Primaria animouse a rapear  sobre O Magosto. Fíxoo moi ben!

Pasámolo moi ben, non si?



Ata pronto e pasade un bo outono!













martes, 7 de novembro de 2017

Benvidos ao noso blog! Viva o SAMAWEEN!

Ola amig@s!


Benvid@s ao blog do ENDL do CEIP Apóstolo Santiago, situado no barrio da Almáciga en Santiago de Compostela.

Dende este espazo poderedes acceder á información relativa ás actividades que se farán no centro neste curso 2017-2018 para protexer e promocionar a nosa fermosa lingua e a nosa benquerida cultura.


Polo de agora, lembrarvos que, despois do ben que o pasamos na festa do Samaín... 


As crianzas confeccionaron cabazas de Samaín coa axuda das familias e o profesorado.
Quedáronche ben bonitiñas! :)


Traballo de "SAMAWEEN". O alumnado aprendiu feitizos máxicos e confeccionou decoración de Halloween!
Isto mais que o "Apóstolo Santiago" semella " a "Howards School"! :p



 ...agora toca celebrar  O Magosto!






Xuntarémonos  no patio do centro o vindeiro venres, 10 de Novembro

 O horario da festa será de 11:30 a 13:30 h,  aproximadamente.

A ANPA e o profesorado do centro encargaranse da organización do evento a partir das 09:30 h.

Haberá degustación de castañas, música, bailes e algunha que outra sorpresa.


Agardámosvos!


Deica pronto!