martes, 15 de maio de 2018

Semana das Letras Galegas

Moi boas!

En nada xa chega o xoves 17 de Maio... É un día moi sinalado. Celébrase o Día das Letras Galegas, e no centro, estamos a traballar arreo para festexar esta xornada tan emotiva  para toda a rapazada galega.





Xa sabedes que este ano está adicado á escritora María Victoria Moreno;   extremeña de nacemento pero galega de corazón, abofé que si!





Video con novas sobre a celebración

Velaquí unhas mostras dos fermosos traballos e actividades que se están a facer no cole ao longo destes días co gallo desta celebración.



Nalgunhas clases as crianzas xa comezaron a deseñar  unhas chapas moi bonitiñas sobre María Victoria. Pero que debuxos tan orixinais e logrados. Ben feito!









Ollade que mural mais fermoso sobre a autora fixo unha clase. Moi ben!





Tamén estamos cubrindo unha rede  con " mensaxes" en Post-its sobre o Día das Letras Galegas. Cada día aparecen mais e mais notiñas! 





Como non:  palabras e frases galegas... que están para se empregar.
 Falemos GaleGo!



Tamén contamos cuns pósters para que as crianzas, e mesmo as familias, aprendan un pouco máis sobre a escritora cando chegan pola mañá cedo ao cole!







Queredes saber un pouco mais sobre esta festividade? Aquí deixamos un enlace con moitísima información.

Día das Letras Galegas

Feliz día das Letras galegas a toda a comunidade educativa!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.