N ĭ hăo! 你好
Como de seguro xa sabedes , hoxe, venres 16 de Febreiro, comeza o festexo do Ano Novo chino 2018, que en realidade ven sendo o ano 4716 nesta cultura asiática.
O ano novo chinés cae no día da lúa nova máis próximo ao día entre o solsticio de inverno e o equinocio de primavera do
hemisferio norte.
O novo ano chinés entra o 16 de febreiro deste 2018 e
remata o 4 de febreiro de 2019.
Estará adicado ao
signo do can, animal que se relaciona coa fidelidade, a amizade e
a lonxevidade.
Explicación en inglés:
What is the Chinese New Year?
Explicación en inglés:
What is the Chinese New Year?
Ademais, hoxe o alumnado de 5º, 4º, 3º e 1º , estivo a traballar sobre esta xornada tan especial para a xente chinesa e doutros países ; o resto dos cursos teñen actividades programadas sobre este festexo para a vindeira semana.
Nuns días seguiremos a subir mais traballo do alumnado!
Se queredes saber como o está a festexar a comunidade chinesa de Galicia, premede neste ligazón:
A comunidade chinesa galega festexa o Aninovo chinés
A comunidade chinesa galega festexa o Aninovo chinés
E agora...a practicar algo de chinés!
Gong Hei Fatt Choy ! (FELIZ ANINOVO, en chinés cantonés )
Gong Xi Fa Cai ! (en chinés Mandarín)
Literalmente:
Gōng Xǐ - significa "bos desexos" ou "parabéns"
Fā Cái - significa "facer fortuna" o "gañar cartos"
En conxunto significa "Os mellores e prósperos desexos para o vindeiro ano"
Que tal a primeira lección de Chinés? A que agora o Inglés xa non semella tan dificil? :)
Pois agora ven o mellor...A CANTAR!
Imos aló!
Imos aló!
Gong Hei Fatt Choy ! ( FELIZ ANINOVO, en chinés cantonés )
Gong Xi Gong Xi (en chinés Mandarín)
Gong xi song in English!
Agardamos que practiquedes moito na fin de semana...
Vémonos o luns e mestres tanto...GONG HEY FATT CHOY!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.