luns, 5 de febreiro de 2018

Información sobre o Entroido

Estimadas familias:


Esta semana celebramos no cole o Entroido.



A Sra. Almáciga fainos saber os seus mandados, relacionados todos eles coa escritora Mª Victoria Moreno, a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas.








 Estes son os mandados:


Luns: Un sombreiro negro

Martes: Unhas gafas semellantes ás que levaba a escritora  
Mércores: Un can de peluche ou outro animal
Xoves: Un barquiño de papel ou calquera outro material




Estos mandados poden ser acumulativos ou non.

Ademais, o venres teremos o desfile a partires das 11:30 h. Se o tempo o permite será polo parque da Almáciga, e se chove farémolo no salón de actos.

Despois teremos a degustación das viandas propias destas datas aportadas polas familias  que se ofrezan a traelas.



Graciñas pola vosa colaboración e  que pasedes un bo Entroido!




A dirección do centro


..........................................................................................................

Ademais, O Entroido  galego xa chegou ás aulas!


Clase de 4 anos

Clase de 1º de EP








Por certo, ollade que "costumes" mais fermosos están debuxando na clase de Inglés. Son "Dragons and monters costumes"!












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.