Moi boas!
En nada xa chega o xoves 17 de Maio... É un día moi sinalado. Celébrase o Día das Letras Galegas, e no centro, estamos a traballar arreo para festexar esta xornada tan emotiva para toda a rapazada galega.
martes, 15 de maio de 2018
venres, 4 de maio de 2018
OS MAIOS
Hoxe celebramos no cole a festa dos Maios.
Na clase de música preparamos unha canción durante esta derradeira semana para cantala todo o alumnado no patio en horario de recreo.
Letra da canción:
Para facer este maio tivemos que ir a roubar
o fiuncho e mailas flores a casa de Ferradás,
o fiuncho e mailas flores a casa de Ferradás.
Para facer este maio tivemos que ir a roubar
AI LARA LARA AI LA LELO AI LA LA
para facer esta maio tivemos que ir a roubar.
Viu Ferradás cunha escopeta vella
pegounos un tiro e rachounos unha orella,
pegounos un tiro e rachounos unha orella.
Viu ferradás cunha escopeta vella
AI LARA LARA AI LA LELO AI LALA
viu Ferradás cunha escopeta vella.
INSTRUMENTAL
aí ven o maio por detrás de San Francisco
aí ven o maio cargadiño de trebisco
aí ven o maio pola rúa do convento
aí ven o maio de roubar o monumento.
INSTRUMENTAL
aí ven o maio por detrás de San Francisco
aí ven o maio cargadiño de trebisco
aí ven o maio pola rúa do convento
aí ven o maio de roubar o monumento.
INSTRUMENTAL
Antes, trasladamos os nosos Maios para fóra. Moitas grazas a os rapaces de 5º e 6º pola sua axuda para movelos.
mércores, 21 de marzo de 2018
Poesía para a primavera
Para celebrar a chegada da primavera, o alumnado está a crear uns fermosos poemas sobre esta estación tan florida.
Na pranta principal podedes ler as composicións feitas por algunhas crianzas.
A presentación das mesmas, fíxose reutilizando papel usado, co fin de ser o mais respetuosos posibles co Medio Ambiente.
Que gocedes moitos con estos versos tan...primaverais!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







