xoves, 8 de febreiro de 2018

Aviso sobre o festival de Entroido


Bo día:

Traballo realizado polo alumnado de Infantil





Mañá Venres lembrade que faremos o pasarrúas de Entroido!

Adiviña quen son...



Cártel da ANPA do centro



Por mor das baixas temperaturas,  este evento levarase a cabo no salón de actos do centro.
                       
                     Asi nos organizaremos!



Por razóns prácticas, pregamos ás familias que entren no salón de actos despois do alumnado.






Ademais dos disfraces de entroido...

Nara, de 5º de E.P.

haberá algunha sorpresa "musical"  por parte do alumnado...




Ao remater, as familias convidarán aos nenos a desgustar produtos típicos destas datas. 

Grazas pola vosa colaboración!

Traballo realizado polo alumnado de E. Infantil



........................................................................
Por certo, hoxe a escola encheuse de barquiños!
Ollade os  das clases de 4º de E.P. e 3 anos.


Clase de 4º


Clase de 3 anos
Clase de 6º



Que pasedes un bo entroido!

luns, 5 de febreiro de 2018

Información sobre o Entroido

Estimadas familias:


Esta semana celebramos no cole o Entroido.



A Sra. Almáciga fainos saber os seus mandados, relacionados todos eles coa escritora Mª Victoria Moreno, a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas.








 Estes son os mandados:


Luns: Un sombreiro negro

Martes: Unhas gafas semellantes ás que levaba a escritora  
Mércores: Un can de peluche ou outro animal
Xoves: Un barquiño de papel ou calquera outro material




Estos mandados poden ser acumulativos ou non.

Ademais, o venres teremos o desfile a partires das 11:30 h. Se o tempo o permite será polo parque da Almáciga, e se chove farémolo no salón de actos.

Despois teremos a degustación das viandas propias destas datas aportadas polas familias  que se ofrezan a traelas.



Graciñas pola vosa colaboración e  que pasedes un bo Entroido!




A dirección do centro


..........................................................................................................

Ademais, O Entroido  galego xa chegou ás aulas!


Clase de 4 anos

Clase de 1º de EP








Por certo, ollade que "costumes" mais fermosos están debuxando na clase de Inglés. Son "Dragons and monters costumes"!












venres, 2 de febreiro de 2018

Feliz día da Paz!

Bo día: 


O martes 30 de xaneiro, o día da Paz, as crianzas realizaron diferentes actividades a nivel de aula para conmemorar este fermoso día.

Velaquí un exemplo do traballo do alumnado, que decidiu facer un traballo artístico  sobre a Paz na planta baixa do centro. 

 


Trátase dunha composición feita  coa letra en galego de IMAGINE, a famosa canción de John Lennon que aporta unha visión esperanzadora  da paz mundial e a da irmandade entre os diferentes pobos.






Moitas grazas polo voso traballo e VIVA A PAZ!







Velaquí  a canción: